Bádminton. Instalacións e material,Regulamento, técnica e táctica.

    Neste novo artigo introducireivos novos coñecementos sobre o bádminton como son a regulación básica, a continuación as claves esenciais para unha boa técnica e por último a táctica.

INSTALACIÓN E MATERIAL DE BÁDMINTON

    Dentro deste apartado falaremos de varios aspectos, primeiro relacionado co material e posteriormente co relacionado co xogo en sí:

- Campo
- Raqueta
- Volante
- Postes
- Rede

· Campo:

           


    O campo de xogo é un rectángulo cuxas dimensións para o xogo de dobres son 13,40 m. x 6,10 m. e para o xogo de individuais de 13,40 m. x 5,18 m.
     O redor do campo de xogo haberá unha banda de seguridade libre de obstáculos de 1,25 m. de ancho nas liñas laterais e de 1,55 m. de ancho nas liñas de fondo.
    Tamén un aspecto importante a describir e que non muita xente se fixa nel é no cerramento, xa que os muros que sirven como cerramento dos espazos deportivos destinados ao bádminton, deben ser pintados de un color oscuro, que contraste coa cor branca do volante e facilite a súa visibilidade.

· Raqueta:

    As medidas da raqueta deben ser as seguintes: a súa lonxitude non supera os 680 mm e o seu ancho 230 mm. A área de corda terá unha lonxitude duns 280 mm e un ancho de 220 mm. No que respecta ao material, a corda adoita ser sintética e as raquetas adoitan ser de metal lixeiro, aluminio ou fibras de carbono. para garantir velocidade e aerodinámica.

    É importante ter en conta o peso da raqueta, a súa distribución nela e o grosor da empuñadura. Non debe ter obxectos ou protuberancias adheridos, excepto aqueles para os que se usan
evitar desgastes, roturas, vibracións, repartir o peso ou asegurar o mango mediante cintas á man do xogador.       


· Volante:  

 Este elemento pódese construír con materiais naturais ou sintéticos.
    Hai un volante con plumas que se utiliza para competicións oficiais e xogadores de alto nivel.
    O volante que utilizamos neste curso é sintético e serve para o nivel iniciación, escolar ou recreativo.

 Sexa cal sexa o material empregado para o volante, as características de voo deben ser en xeral similares ás dun volante con plumas naturais e unha base de cortiza cuberta cunha fina capa de coiro.
    Un aspecto moi importante é o seu peso. O volante debe pesar entre 4,74 g e 5,50 g.





  

    Considérase que o volante ten a velocidade correcta cando, ao golpear o volante na liña de base cun disparo por debaixo nun ángulo ascendente e nunha dirección paralela ás liñas de contacto, o volante cae non menos de 530 mm e non a máis de 900 mm da liña base oposta.

REGULAMENTO

Neste apartado exolicaremos algunhas das regras básicas do xogo:

- Hai que pasar o volante ao outro lado da rede e ten que caer ao chan dentro do campo para facer un punto.

- O volante so pode ser golpeado cunha raqueta de bádminton.

- O partido xógase en 3 sets, gaña quen gañe 2 sets primeiro.
Cada set xógase a 21 puntos, gañando cunha diferenza de 2 puntos. En caso contrario, continuará ata acadar esta marxe. Como límite, gaña quen acade primeiro os 30 puntos.

- O saque debe facerse por debaixo da cintura e cruzado.

-Sácase dende o lado esquerdo se a puntuación do servidor é impar e dende o lado dereito se a súa puntuación é par.

-O regulamento tamén esixe un cambio de cancha ao final do primeiro e segundo set, e no terceiro set cando un xogador chega aos 11 puntos.

· CANDO É PUNTO:

Por regra xeral é punto cando o volante cae dentro do campo do adversario. Pero existen outras situacións onde se considera punto para o contrario xa que se considera falta:

- Se o volante cae fóra da pista de bádminton.

- Se a pluma cae no noso campo.

- Se o volante toca a rede, tócanos a nós, á miña parella ou a calquera outro elemento como o teito.

- Se o xogador toca a rede ou invade o campo do rival co seu corpo ou raqueta.

- Se pasamos o volante por debaixo da rede.

- Se o volante é golpeado dúas veces seguidas.

TÉCNICA

    A técnica do bádminton caracterízase por unha gran precisión na execución dos movementos técnicos.
    Para desfrutar con este deporte é necesario coñecer e aprender os movementos básicos.
Na explicación da técnica temos que estudar varios elementos:

- Agarre da raqueta
- Xogo de muñeca
- Posición básica
- Saques
- Golpes básicos
        · Remate ou smash
        · Clear 
        · Drive
        · Globo ou lop
        · Deixada ou drop


 · Agarre da raqueta:

    A forma de agarrar a raqueta é de fundamental importancia para a aplicación dos diferentes golpes.
    Hai diferentes tipos de empuñadura: universal, xaponés, de tapiz..., pero o máis recomendable, sobre todo ao principio, é "o universal" ou tamén chamado agarre básico ou de dereita. 

Para suxeitar a raqueta correctamente, agarrarémola coa nosa man non experta no medio do eixe. A continuación, e coas cordas perpendiculares ao chan, agarramos o mango coa man dereita, colocando o polgar entre o índice e o resto dos dedos.





· Xogo de muñeca

    O bádminton exixe unha mobilidade total da muñeca.
    Esto consíguese con un disparo brusco da muñeca xunto cun movemento rápido do brazo, que da velocidade ao volante.
    É todo o contrario ao golpe tradicional de tenis, donde o movimento do brazo é moi amplio e a muñeca manténse bloqueada.
    Unha boa flexibilidade da muñeca pódenos permitir unha movilidade de 180º, desde a preparación hasta o momento do impacto. Ademais con esta movilidade pódese variar á vez tanto a velocidade como a dirección do volante no último momento. 

· Posición básica:

     A posición básica permítenos estar preparados para efectuar calquera desprazamento e golpeo no menor tempo posible. Recorda que este é un deporte moi rápido e, por tanto, chegar canto antes ao volante nos darános ventaxa.
 Esta será unha posición equilibrada co tronco lixeiramente inclinado
hacia diante, as rodillas flexionadas, os pies separados máis ou menos á anchura dos hombros e a raqueta correctamente collida e hacia arriba.
Ademáis temos que buscar a posición dentro do campo, situarnos nun punto que nos facilite os desprazamentos.
Esta posición está máis ou menos no centro do terreo, na línea entre as dúas zonas de saque.






· Saques:

    O sacador e o receptor deben estar colocados dentro das
zonas de saque diagonalmente opostos sin tocar as liñas
de banda de estas zonas.
 A raqueta do servidor debe golpear inicialmente a base do volante.
 O volante deberá estar por debaixo da cintura do xogador no instante de ser golpeado pola raqueta.
 No momento de golpear o volante, o mango da raqueta debe apuntar hacia abaixo, de tal forma que a totalidade da cabeza da raqueta estea completamente por debaixo da man que a sostén.


· Golpes básicos:

    Todos os golpes que describiremos pódense efectuar de dereita ou de revés, según a traxectoria do volante e a nosa posición.

- Golpes de dereita: Son os golpeos executados desde o lado no que o
xogador sostén a raqueta. No momento do impacto, a palma da man mira hacia o volante.
- Golpes de revés: Son os que se producen desde o lado oposto á
raqueta. Lévase o brazo hacia o lado contrario e é o dorso da man o
que miraría hacia o volante no momento do golpe.
    
    Polo xeral os golpes de dereita son máis doados de efectuar porque son desde o lado natural.

1. REMATE OU SMASH:

    É o golpeo ofensivo por excelencia. Busca o envío do volante coa máxima velocidade posible hacia el solo, polo tanto, a súa traxectoria será en liña recta.
Para este golpe necesítase a máxima forza de impacto. O xogador parte dunha posición similar ao clear pero o golpeo produciráse coa raqueta máis alá da vertical posto que este golpe diríxese hacia abaixo.



2. CLEAR:

    Trátase do golpe máis básico. O seu obxectivo é que o volante vaia ao fondo da pista do adversario. 
    Para iso tratamos de golpear o volante casi na vertical respecto ao solo, trasladando o noso peso desde atrás hacia adiante. O codo,
no momento do golpeo está extendido. O movimento do corpo é moi parecido ao que faríamos si quixésemos lanzar un obxecto moi lexos, levariamolos atrás e lanzaríamolos con forza hacia diante 
    Unha vez producido o impacto, a raqueta continúa o seu movemento hacia abaixo.

Un erro moi común é non situarse correctamente respecto ao volante e golpear coa raqueta moi inclinada hacia atrás: o volante, máis que ir hacia o fondo do campo, iría hacia arriba y caería na metade do terreo rival, co que atacalo sería moi doado.


3. DRIVE:

    Trátase de un golpeo realizado á altura dos hombros, de forma que o volante describe unha traxectoria paralela ao solo e muoi pegado á rede. 
    Utilízase sobre todo no xogo de dobres.


4. GLOBO OU LOB:

    É un golpeo que busca enviar o volante ao fondo da pista. A diferencia co clear, é que o Lob faise desde abaixo, de forma
que o volante é impulsado hacia arriba. Sempre temos que intentar que o volante vaia ao fondo da pista, senon, resultaría moi fácil para o adversario devolver este golpe.



5. DEIXADA OU DROP:

    O obxectivo deste golpe é deixar caer o volante moi cerca da rede, xusto por detrás. Existen dous tipos de deixadas: alta e baixa.

- Deixada alta: parte da mesma posición que no clear e o smash. O adversario non sabe que golpe vamos executar posto que o punto de partida é o mesmo pero o golpeo prodúcese de forma moi suave, amortiguando.

- Deixada baixa, nosoutros estamos cerca da rede e o volante ven baixo, co que a deixada consistiría simplemente en “empuxar” suavemente para que o volante caiga ao outro lado da rede. 


TÁCTICA

    A definición de táctica según Ms.C. Alain Álvarez é o proceso en que se conxugan todas as posibilidades físicas, técnicas, teóricas, psicológicas e demais, para dar unha solución inmediata as distintas situacións imprevistas e cambiantes que se crean en condicións de oposición”. 

    En bádminton a táctica procurará que, en todo momento, o rival sea incapaz de predecir os golpes e os desprazamentos propios e, ao revés, poder a través do xogo "intelixente" obligar ao rival a ser predecible. Un xogador pode ter moi boa técnica pero sen embargo non tomar boas decisións á hora de elexir qué golpe ou desprazamento é o adecuado en función de donde se encontra o seu rival e él mismo. Co entrenamento, ao igual que a técnica , esta toma de decisións que debe ser moi rápida, a táctica, mellórase e apréndese a levar a iniciativa nos puntos e a ser máis eficiente.

· BIBLIOGRAFÍA:

- https://iesbatalladeclavijo.larioja.edu.es/images/departamentos/Ed_Fisica/efisicacazandomoscas.pdf

- https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoblog/vsuaros/files/2016/12/apuntes-badminton-pdf.pdf

- http://www.edu.xunta.gal/centros/iespintorcolmeiro/system/files/BADMINTON.pdf

- https://waltervillavicencio.com/wp-content/uploads/2018/06/ BADMINTON.pdf

- https://www.welovebadminton.com/las-reglas-del-badminton/ #:~:text=Las%20reglas%20b%C3%A1sicas%20de%20este%20deporte%20son%3A,quien%20antes%20gane%202%20sets.

- https://www.efdeportes.com/efd154/todo-sobre-el-badminton.htm

- https://www.badminton.es/


No hay comentarios:

Publicar un comentario