A medida que nos vamos adentrando na chamada Vía Verde podemos ir observando as distintas especies de árbores e animais que forman este ecosistema. Nós, como xa case coñecemos case todas as especies que conviven nel centrámonos máis en compartir diferentes anécdotas entre risas.
A medida que facíamos o percorrido a algún que outro integrante do noso grupo o corpo pedíalle un descanso, pero eso foi doado, xa que o concello pensou neses casos e ao longo do percorrido hay diversas áreas de descanso naturais.
Unha vez feito ese descanso seguimos o noso traxecto e seguimos ata a ponte que atravesa o río, a cal non está indicada para os que teñan vértigo debido a que está suspendida a gran altura e podes ver perfectamente o que hay baixo os teus pés.
Unha vez superada seguimos e fómonos atopando cos diversos túneles que existen ao longo do percorrido, un pouco enlameirados pero eso non nos freou e seguimos o noso percorrido.
Nos diferentes túneles poidemonos atopar algún que outro habitante deles como morcegos, arañas, lagartos,... pero poidemos velos a todos a tempo grazas as luces que hay instaladas en cada túnel, e grazas a eso nin eles nin nos sufrimos ningún dano.
E así seguimos o noso percorrido cheo de risas e pequenas aventuras ata chegar a Santirso onde demos un pequeno paseo polo pobo e despois volvemos a Pontenova recordando o día de desconexión e aventura que pasáramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario